Chovía, era case outono e el estaba case deitado no chan, recén arrolado nos adoquíns mollados de Ferrol.
- Eu mírote… e sei que vas chegar moi lonxe. Pero non tanto
como poderías. E sabes por qué? Porque eres muller.
“A ollada é un instrumento de autoridade, de dominación, e
ao obxecto observado, cheo de agoniada vergoña, non lle queda outra que
deixarse submeter. (…) Xa desde os
establecementos hegelianos describíase a loita pola violencia da ollada como
unha guerra desesperada pola transformación do suxeito e a subxectividade, pola
dominación e o sometemento. (…) Através da ollada, o suxeito embora, crea o seu
propio ti, o seu non-eu que diría
Fitche, a quen nada, nada en absoluto, pode recriminárselle. E como apuntaba
Cristina von Braun, ben se podía expor que a diferenza entre o ver e o ser
visto se tiña superposto ás diferenzas de xénero, mesmo tal vez usurpándollas.
Para a Braun, a masculinidade definíase polo acto de ver, a feminidade por
medio do acto de ser vista.”
Extracto de Intensa e quente é a túa humidade azul de Xulio Pardo de Neyra.
Penso que non me quixen decatar antes, pero naquela plácida
dor da submisión emocional, había moito de pracer agresivo sexual, unha luita
na que o obxecto de desexo non se deixaba alcanzar por completo, esvaecíase. O
acto sexual convertíase así, ese breve intre, pode qie pola exaculación precoz
ou pode que pola miña necesidade de follalo antes que marchase para sempre. Ese
era o secreto do meu devoto amor, a miña urxencia polo seu corpo. Como quen
alcanza unha estrela xusto antes de que estale, aferrándose a ela, ardendo, ata
consumirse.
Na psicoanálise, a exaculación precoz tamén é unha urxencia
sexual. O suxeito masculino realiza o acto sexual inconscientemente baixo a
presión da aparición do seu pai a interromper o coito, a quitarle a súa
virilidade. Existe un conflicto de virilidade, de poder entre pai e fillo, o
pai vese ameazado e o fillo acosado pola sombra do pai. Visto así, funcionábamos
bastante compenetrados, cada un coa súa urxencia.
Teño a sorte de ter o clítoris bastante afora e abultado, dame a vantaxe de chegar rápido a certos orgasmos livianos, é moi sensible. Tamén creo que fai que me excite con máis facilidade ou que o note máis, alí bombeando.
Lembro que de pequeña chegueime a asustar, non coñecía para nada a miña vaxina e menos sabía o que era un aquel pequeño capuchón vermello sobresaínte de entre meus labios vaxinais. Cría que o que me asomaba era un pequeño falo, imaxinábao, críame unha especie de hermafrodita, unha evolución do ser humano que podía procrear consigo mesma. Isto traíame outras preocupacións, como se me podía preñar calquera día sen querer ou algo así.
Lembro que de pequeña chegueime a asustar, non coñecía para nada a miña vaxina e menos sabía o que era un aquel pequeño capuchón vermello sobresaínte de entre meus labios vaxinais. Cría que o que me asomaba era un pequeño falo, imaxinábao, críame unha especie de hermafrodita, unha evolución do ser humano que podía procrear consigo mesma. Isto traíame outras preocupacións, como se me podía preñar calquera día sen querer ou algo así.