A cidade gris érguese sobre meus ombreiros
Pésame no ollar e parece que medra máis e máis
Lento e ameazante
Quero transpirar pero me afoga
A xente corre pola beirarúa
Ocultos baixo os paraugas
Ritmo frenético e enfermiza
Camiñar cos ollos no frente
Sen sequera atreverse a escrutar o rostro
Dos demáis
Que corren ó mesmo ritmo
Cara á mesma dirección
Coma se lles largase a vida
Pero ela ri
Esfúmase igual e nin conta se dan
Respiro hondo e berro dende dentro
Quero marchar
Ás alturas, a cumios nevados
A verdes bosques e ríos xeados
Quero espirme fronte o lume
E poder falar dende dentro sen medo a que me pisen
A alma o ánimo
O sorriso
Quero ofrecerche a niña man
Aberta
Que a collas
De verdade e a apretes con forza
Sen promesas apreixoantes
Pero cun calor abraiante
Quero que entres en min cos teus ollos azuis
Que fulminen o gris desta fermosa cidade
Que as túas cellas enmarquen este ceo monótono
O ruido non me deixa pensar
Por iso sempre camiñaba cos auriculares
Quizáis
Para así non pensar con claridade
Que non me abrumase o meu monólogo
Teño que escoitar máis
Mirar máis
Os rostros alleos
A verdade de cada un
Ou a patraña
Que ó final, son a mesma cousa
Febreiro faise longo
Pero dame a sensación de ver a fin de todo
O comezo de cousas grandes está lonxe
Pero está, na miña ilusión e imaxinación
E na túa,
E meu amor
Iso sí que é consuelo